Un blog é un sitio web que se actualiza con bastante frecuencia. Nos blogs, aparecen primeiro os textos máis recentes. Ao blog, en español chamaselle bitácora, este nome está basado nos cadernos de bitácora.
O término inglés blog provén das palabras web y log. O término bitácora utilizase preferentemente cando o autor escribe sobre a súa propia vida, como se fose un diario, pero publicado na web.
Normalmente, en cada articulo do blog, os lectores poden escribir os seus comentarios, e o autor darlles respostas, de forma que é posibel establecer un diálogo.
Antes de que os blogs se fixeran populares, existian comunidades dixitais como USENET, listas de correo electrónico e BBS.
Existen varias ferramentas de mantemento de blogs que permiten administrar todo o blog, coordinar, borrar ou reescribir os artículos, moderar os comentarios dos lectores e outras, dunha forma tan sencilla como administrar o correo electrónico.
As ferramentas de mantemento de weblogs clasifícanse en dous tipos: unhas que ofrecen unha solución completa de aloxamento, e aquelas solucións consistentes en software que, ao ser instalado nun sitio web, permiten crear, editar e administrar un blog directamente no servidor que aloxa o sitio.
2 comentarios:
Bo traballo, aínda que non é unha noticia senón unha información puntual.
Un saúdo.
Paréceme boa idea o de comentar que é un blog.
Publicar un comentario